A exposición presenta un conxunto de libros-álbum creados polo alumnado da materia de Educación Visual e Plástica I: Contextos e MetodoloxÃas ArtÃsticas no que se explora a linguaxe visual e a materialidade do libro.

Preséntanse un conxunto de libros-álbum creados polas mestras e mestres do futuro. A premisa de partida animaba ao alumnado da materia de Educación Visual e Plástica I: Contextos e MetodoloxÃas ArtÃsticas (2º curso do Grao de Mestre/a de Primaria) coordinado por Olalla Cortizas, a explorar a linguaxe visual e a propia materialidade do libro, polo que moitas das creacións que se ven son libros-álbum sen palabras, libros-obxecto... En moitos hai un código QR cunha proposta de lectura, mais esta é so unha posibilidade das infinitas que proporciona un álbum sen palabras.
Xunto a este conxunto incorpóranse tamén os resultados da Acción de quecemento I: Contos de 1 hora, na que o alumnado enfrontaba o reto de crear pequenas narrativas visuais, a partir de contos moi coñecidos e en moi pouco tempo.