
O Museo de Historia Natural da ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê presenta exposición temporal Lousa e Xiz, unha homenaxe á tradición docente baseada no encerado de lousa e o uso de xices de cores. Este método, amplamente empregado nas clases de ZooloxÃa nas facultades de BioloxÃa europeas, destacaba pola simplificación e a harmonÃa cromática que adquirÃa valor artÃstico máis aló do pedagóxico.
A exposición invita a reflexionar sobre o impacto da tecnoloxÃa na ensinanza, ao comparar os antigos encerados coas modernas ferramentas dixitais como pantallas e proxectores. A pesar de facilitar a transmisión da información, o cambio tecnolóxico pode modificar a maneira de pensar e aprender.
Os visitantes poderán contemplar 10 acrÃlicos sobre lenzo que reproducen a aparencia dos encerados ao rematar as clases. Estas obras mostran correccións, subliñados e as pegadas dos trapos ou feltros utilizados, destacando o coidado pola composición e a paleta cromática. Ademais, acompáñanse de modelos e murais da Colección de láminas e modelos clásticos do MHN, adquiridos nos primeiros anos do século XX en Les files d’Emile Deyrolle (ParÃs).
O autor da exposición, Fernando Cobo GradÃn, é doutor en BioloxÃa e catedrático da ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê. A súa traxectoria artÃstica inclúe fotografÃa, debuxo cientÃfico e ilustración, con influencias do tonalismo americano e a escola de Barbizón. Ademais, conta cunha destacada obra escultórica e participa activamente no grupo Galeoska (Galegos coa Arte).
A exposición estará dispoñible nas salas de exposición temporal ata maio de 2025. A entrada é gratuÃta.