A paisaxe de Galicia é verde e abrupta, surcada por colinas suaves e multitude de rÃos, tributarios do Miño, no interior, e curtos e rápidos os que descenden cara as costas cantábrica e atlántica. A peculiaridade do poboamento humano de Galicia, cun alto nivel de dispersión, ofrece a oportunidade de descubrir a súa xeografÃa visitando multitude de pequenas aldeas e pobos. Os seus 1.500 kms de costa son tamén diversos, coas angostas RÃas Altas, a escabrosa Costa da Morte, e as amplas RÃas Baixas.
Máis alá do seu valor patrimonial e cultural, e a súa capacidade de atracción turÃstica, o medio natural é en Galicia un elemento clave da súa economÃa, onde a explotación dos recursos pesqueiros e forestais, e as industrias transformadoras derivadas, teñen un peso esencial.
A escala urbana, estase a realizar un esforzo por poñer este patrimonio natural ao servizo da cidadanÃa, usándoo tamén como un recurso en estratexias de loita contra o cambio climático. O Concello de Santiago de Compostela, por exemplo, xestiona 300 hectáreas de zonas verdes, con máis de 30.000 árbores, ao que é preciso engadir montañas (Monte Pedroso e Monte do Viso), a contorna dos paseos fluviais do Sar e o Sarela, e as . Sumadas ás zonas verdes e bosques que xestionan a Xunta de Galicia e a propia ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê nos seus campus, falamos de máis de 800 hectáreas de zonas verdes na contorna de Santiago de Compostela.
Lugo, pola súa parte, se atopa dentro da Reserva da Biosfera Terras do Miño, a segunda máis grande de España, cunha superficie de máis de 336.500 hectáreas (o 39% da provincia de Lugo). A cidade de Lugo puxo en marcha, coa colaboración da ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê entre outras entidades, o proxecto Lugo + Biodinámico, para desenvolver unha nova estratexia de planificación urbana, cunha xestión innovadora de zonas verdes, para loitas contra o cambio climático.