- ó徱
- MP0200
- Tipo
- áٱ de Formación Permanente
- Modalidade
- Presencial
- ٳܰó
- 2 anos
- é徱ٴDz
- 120.0
- Curso
- 2024-2025
- Prezo
- 12.000,00€
- Centro
- Facultade Odontoloxía
- پó
-
Benjamín José Martín Biedma
Pablo Castelo Baz - Contacto
master.endore [at] gmail.com
Departamento / Centro Organizador
Departamento de Cirurxía e Especialidades Médico-Cirúrxicas
Berta Lago López
881812352
master.endore [at] gmail.com
Facultade Odontoloxía
Datas
ٳܰó: 16/09/2024 - 17/07/2026
ʰԲó: 01/06/2024 - 30/06/2024
Matrícula: 02/09/2024 - 08/09/2024
Número alumnos/as mínimo: 4
Número alumnos/as máximo: 8
Seguro obrigatorio:
20,69€ (Aos alumnos que formalicen matricula en cursos de Posgrao Propio, Formación Continua e Programa de Formación, se lles incluirá ademáis o importe do seguro obrigatorio de accidentes e asistencia en viaxe para estudantes da ȤѶֲַ, segundo o establecido na normativa vixente (Acordo Consello Goberno 29 de xuño de 2009) e emitirase xunto coa 1ª liquidacion de matrícula. Excepto nos curso que sexan 100% virtuais, considerados estos por curso académico; e nos casos en que os alumnos teñan pagado este mesmo seguro nunha titulación da ȤѶֲַ no presente curso académico.)
Requisitos de acceso
Graduados en Odontoloxía. Licenciados en Odontoloxía. Especialistas en Estomatoloxía
ʰԲó
Pode consultar un manual do procedemento de admisión na páxina web do CEP en Arquivo ou clicando aquí
Para realizar a solicitude de admisión acceda ao seguinte enlace da secretaria virtual
Sistema de selección
Currículum Vitae. Entrevista persoal. Inglés. Informática a nivel usuario
Obxectivos
O obxectivo destes estudos de áٱ é formar profesionais con dominio da endodoncia clínica e cirúrxica, Odontoloxía Restauradora e Estética que lles permita facer o diagnóstico e tratamentos de casos de calquera grao de dificultade analizando as súas vantaxes e inconvenientes, desde o diagnóstico a rehabilitación dentaria e estética.Competencias
A complexidade da terapia endodóntica, Odontoloxía restauradora e estética, convirte a necesidade da formación continuada e específica do profesional de Odontoloxía, xa que en pregrao, os alumnos non adquiren a habilidade clínica suficiente para tratar casos complexos, que cada vez son mais frecuentes na consulta.Cabe destacar que o maior coidado da dentición e o envellecemento da poboación determinan que os dentes permanezan cada vez mais anos na boca e sexan necesarios múltiples tratamentos restauradores, algúns de gran complexidade. É necesario que ditos tratamentos estean enfocados a lograr unha saúde, funcionalidade e estética aceptables.
Queremos tamén fomentar no alumno unha base investigadora que lle permita no futuro poder cuestionar os avances tecnolóxicos. Os traballos de investigación serán realizados coa supervisión directa dos profesores do áٱ.
A metodoloxía estará baseada nas leccións maxistrais, seminarios interactivos, prácticas sobre fantomas e prácticas sobre pacientes.
ó
ó continuada
ѱٴǻDZdzí
A petición dos alumnos e/ou profesorado.
de luns a venres de 9:00h a 14:00 h. de 16:00 20:00h
ó徱 | Materia | é徱ٴDz |
---|---|---|
1 | Diagnóstico en Endodoncia. Técnicas de Anestesia. Farmacoloxía. | 10.0 |
2 | Apertura e Localización dos Condutos en Endodoncia. | 10.0 |
3 | Preparación Biomecánica do Sistema de Condutos. | 10.0 |
4 | Obturación en Endodoncia. Técnicas, Materiais e Instrumentos. | 10.0 |
5 | Resolución de Accidentes en Endodoncia. | 10.0 |
6 | Rehabilitación do Dente Endodonciado. | 10.0 |
7 | Endodoncia Pediátrica e Endodoncia en Pacientes Medicamente Comprometidos. (2º Curso) | 6.0 |
8 | Odontoloxía Restauradora e Estética. (2º Curso) | 16.0 |
9 | Relación Endo-Perio. Traumatoloxía. (2º Curso) | 5.0 |
10 | Աپó. (2º Curso) | 10.0 |
11 | Microciruxía e Novas Tecnoloxías. (2º Curso) | 23.0 |