O Diploma Excelsor en IV Ciclo é un dos tÃtulos propios ofertados no ciclo formativo de IV Ciclo da Universidade de Santiago de Compostela.
Os diplomados Sénior en IV Ciclo poderán optar ao Diploma Excelsor en IV Ciclo.
Para a obtención deste tÃtulo o alumnado deberá realizar, baixo a dirección de un ou varios docentes da ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê, un traballo de investigación orixinal, individual ou colectivamente.
Os diplomados Sénior en IV Ciclo que desexen obter o Diploma Excelsior en IV Ciclo deben solicitalo á dirección do IV Ciclo co visto e prace do director ou directores do traballo, xunto cunha breve memoria do traballo que van realizar.
Hai que respectar, como mÃnimo, un prazo de 90 dÃas entre a solicitude e a presentación, ou depósito, do traballo.
Debe depositarse o traballo por cuadriplicado, debidamente encadernado, na secretarÃa do IV Ciclo.
Na primeira páxina debe figurar o visto e prace do director ou directores.
Transcorridos 15 dÃas desde o seu depósito, a dirección do IV Ciclo autorizará a súa defensa, que se anunciará cun mÃnimo de 15 dÃas de antelación.
Unha vez autorizada a defensa, fixado o dÃa e nomeado o tribunal, trasladarase o traballo á SecretarÃa do IV Ciclo e comunicaráselle ao alumnado a obriga de formalizar a matrÃcula nun prazo mÃnimo dunha semana antes da exposición.
O tribunal constará de tres membros que serán nomeados pola Comisión Académica do IV Ciclo.
O director ou directora do traballo formará parte do tribunal. De haber máis dun director, formará parte do tribunal tan só un deles.
Os traballos que concorran avaliaranse consonte as seguintes cualificacións: aprobado, notable e sobresaliente.
Se a xuÃzo do tribunal o traballo non acada un nivel suficiente, procederase á súa devolución e á devolución do expediente á Unidade de Xestión correspondente, facendo constar na acta a mención «devolto».