A partir de 1981 constitúese formalmente a Sección de PsicoloxÃa, que se converterá en facultade independente en 1991.
Durante estas décadas, a Facultade evolucionou até se converter nun centro de recoñecido prestixio pola calidade da súa docencia e da súa investigación. En 2019 foi recoñecida coa Acreditación Institucional outorgada polo Consello de Universidades, que certifica a implantación con éxito dun sistema de garantÃa de calidade nos tÃtulos que nela se imparten.
Na actualidade, ademais do Grao en PsicoloxÃa (con mención en PsicoloxÃa da Saúde), impártense no centro: o ²Ñá²õ³Ù±ð°ù Universitario en PsicoloxÃa Xeral Sanitaria, o ²Ñá²õ³Ù±ð°ù Universitario en PsicoloxÃa (coas especialidades en PsicoloxÃa Experimental e en PsicoloxÃa da Intervención Social e Comunitaria) e o ²Ñá²õ³Ù±ð°ù Interuniversitario en PsicoxerontoloxÃa.
Con respecto ao labor investigador, na Facultade de PsicoloxÃa existen distintos grupos que se sitúan na vangarda da investigación española nas súas respectivas áreas de coñecemento. Nos últimos anos foi notable o incremento no número de proxectos financiados, asà como o de publicacións en revistas internacionais de prestixio, dos grupos e o profesorado da Facultade.
Como profesión, a psicoloxÃa experimentou un auxe importante e foise implantando en distintos contextos, dando lugar á consolidación de perfÃs profesionais especÃficos, entre eles os da psicoloxÃa clÃnica, a psicoloxÃa educativa, a psicoloxÃa do traballo e das organizacións, a psicoloxÃa social e comunitaria ou a psicoloxÃa xurÃdica; a eles súmanselles outros ámbitos emerxentes, como o da intervención en emerxencias e catástrofes ou a psicoloxÃa do deporte. As titulacións que se imparten no centro pretenden proporcionar formación que achegue aos estudantes o coñecemento da maior parte destes ámbitos de actuación da psicoloxÃa.