Premios Cátedra Institucional Vida Saudable

A Cátedra Institucional Vida Saudable da ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê publicou a resolución da concesión do I Premio a TFG e TFM. No caso dos traballos de fin de mestrado (TFM) o primeiro premio foi para Andrea Pérez Rivas, do Máster U. en PsicoloxÃa Xeral Sanitaria (MUPXS), polo traballo 'Análise e descrición do hábito tabáquico da poboación adulta nova. Implicacións para o deseño de futuras intervencións psicolóxicas de saúde móbil para deixar de fumar'. O cuarto premio recaeu tamén na alumna do MUPXS Ananta DÃaz Hernández, polo traballo 'Consumo de alcohol en el embarazo: detección y prevalencia'.
Cada autor ou autora dun TFG premiado recibirá 350 euros, mentres que cada autor ou autora dun TFM premiado obterá 600 euros. Na valoración destes traballos tÃvose en conta a súa orixinalidade, as novidades das súas achegas, a actualidade e a calidade da metodoloxÃa, as calidades formais dos textos e a bibliografÃa empregada.
Os premios foron convocados pola VicerreitorÃa de Transformación Dixital e Innovación da ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê a través da Cátedra Institucional Vida Saudable co obxectivo de fomentar a difusión, o coñecemento e a práctica dun estilo de vida saudable. A Cátedra é financiada pola Dirección Xeral de Saúde Pública da ConsellerÃa de Sanidade.
O director da Cátedra, Francisco Caamaño, salientou que nesta primeira edición se recibiron case trinta traballos "de gran calidade" desde "as tres universidades públicas galegas" e que houbo moita diversidade na súa procedencia, participando alumnado de diversas facultades, como PsicoloxÃa, EnfermarÃa, Farmacia, Medicina e mesmo a Escola de Profesorado de Lugo.
Puideron presentarse a este certame traballos das tres universidades públicas galegas que abordasen o estudo dos estilos de vida saudables, nomeadamente o impacto neles de factores como tabaco, alcohol, dieta, exercicio fÃsico, sono saudable e benestar emocional tanto dende as Ciencias da Saúde, como das Ciencias, Artes e Humanidades, Ciencias Sociais e XurÃdicas, ou EnxeñerÃa e Arquitectura. O prazo de presentación de candidaturas rematou o 6 de outubro.