Tomas Lindahl, Nobel de QuÃmica 2015: “Converter o cancro en enfermidade crónica é máis realista que pretender curalo"

O cientÃfico sueco Tomas Lindahl, premio Nobel de QuÃmica 2015 manifestou este martes, nun encontro con medios de comunicación, que a opción máis realista é converter o cancro nunha enfermidade crónica, antes que pretender a súa curación total. Lindahl, quen recibiu o Nobel polos seus estudos mecanÃsticos da reparación de ADN, subliñou que poñemos demasiada énfase na palabra curación, cando en realidade, debemos aspirar a transformar o cancro nunha enfermidade que sendo tratada cos fármacos axeitados permita manter unha boa calidade de vida. Lindahl participa esta semana nunha visita institucional á ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê dentro do .
O Premio Nobel de QuÃmica amosouse satisfeito polos avances que nos últimos vinte anos se teñen realizado en certos tipos de cancro, como é o caso do de mama. Con todo, subliñou que non posuÃmos ferramentas para taxar de xeito eficiente outras modalidades máis agresivas como o cancro de páncreas. Ao ser preguntado polos hábitos que poden favorecer a manifestación de certos tipos de cancro, Lindahl apuntou cara o tabaquismo, asà coma certos alimentos con fungos, ou incluso os cacahuetes como potencialmente desencadeantes desta doenza.
Lindahl subliñou a necesidade de que os gobernos de múltiples paÃses invistan en ciencias básicas para avanzar na loita contra enfermidades como o cancro. Neste senso, destacou a notable caÃda na inversión levada a cabo por potencias coma Estados Unidos, e salientou que a comunidade cientÃfica inglesa está maioritariamente en contra do Brexit, polo que poda atinxir á captación de recursos para investigación.
Lindahl amosouse impresionado cos avances que no eido biomédico se están a levar a cabo dende a ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê e, neste senso, quixo louvar o traballo desenvolvido polo cientÃfico do Centro Singular de ±õ²Ô±¹±ð²õ³Ù¾±²µ²¹³¦¾±Ã³²Ô en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas da ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê (CiMUS) Miguel González Blanco, quen o acompañou na rolda de prensa, xunto co responsable do Programa ConCiencia e catedrático da ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê, Jorge Mira. Previamente, Lindahl foi recibido polo reitor da ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê, Antonio López, e polo vicerreitor de ±õ²Ô±¹±ð²õ³Ù¾±²µ²¹³¦¾±Ã³²Ô e Innovación, Vicente ±Êérez Muñuzuri, no Colexio de San Xerome, onde tivo a oportunidade de deixar a súa sinatura no Libro de Honra da ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê.
Actos centrais
O mércores 20, ás 19.30 horas, Lindahl pronunciará o relatorio ‘Inestabilidade de ADN e posibles formas de vida alternativas’ no auditorio Abanca. Asemade, no marco da apertura do , celebrada na Cidade da Cultura, Lindahl falará da reparación de dano endóxeno do ADN e prevención do cancro.
Premio Nobel "polos seus estudos mecanÃsticos da reparación de ADN"
Nado en Estocolmo, Suecia, en 1938, Tomas Lindahl estudou Medicina no Instituto Karolinska, onde desenvolveu o seu interese pola bioquÃmica e se doctorou en 1967. Durante a súa etapa postdoutoral nas Universidades de Princeton (Nova Jersey) e Rockefeller (Nova York), decatouse de que os ARN transferentes, uns pequenos ácidos nucleicos implicados na fabricación de proteÃnas, se degradaban espontaneamente ao seren quentados. Esta observación marcarÃa a súa futura carreira cientÃfica, xa que se preguntou se o ADN, o ácido nucleico que codifica a información xenética, poderÃa sufrir unha descomposición semellante.
Tras volver a Suecia como profesor de QuÃmica Médica e Fisiolóxica á Universidade de Gothenburg, o traballo pioneiro de Lindahl demostrou que o ADN é unha molécula intrinsecamente inestable, levándoo a postular que as células deben contar con sistemas de reparación eficientes que aseguren o mantemento da súa estabilidade xenómica. Nos seguintes anos, o seu laboratorio identificou numerosas enzimas de reparación, o que lle permitiu definir e reconstituÃr o mecanismo universal de reparación por escisión de bases. As contribucións de Lindahl permitiron abrir un novo campo de investigación con profundas implicacións na nosa comprensión da bioloxÃa molecular básica e da aparición de enfermidades xenéticas, asà como no desenvolvemento de novas terapias antitumorais.
Ademais dos seus logros cientÃficos, Tomas Lindahl foi o primeiro director dos laboratorios de Clare Hall desde 1986 ata 2005. Baixo o seu liderado, este pequeno centro de investigación ao norte de Londres converteuse nun dos centros de referencia a nivel mundial no estudo dos tres erres do metabolismo do ADN: Reparación, Recombinación e Replicación.
Na actualidade, Tomas Lindahl continúa como cientÃfico emérito no Instituto Francis Crick de Londres. Ademais do premio Nobel, Lindahl recibiu outros premios de gran relevancia, como a Medalla Real da Royal Society en 2007, o Prix Etranger do INSERM (2009) e a Medalla Copley da Royal Society en 2010, o galardón cientÃfico máis antigo do mundo.
A enmárcase nas actividades da décimo cuarta edición do da ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê e o Consorcio de Santiago de Compostela, o cal conta coa colaboración da Fundación Española para la Ciencia y la TecnologÃa - Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades.
O reitor Antonio López xunto a Tomas Lindahl, quen asina no Libro de Honra da ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê. Foto: Santi Alvite Lindahl e a súa dona posan xunto ao reitor Antonio López; o vicerreitor de ±õ²Ô±¹±ð²õ³Ù¾±²µ²¹³¦¾±Ã³²Ô e Innovación, Vicente ±Êérez Muñuzuri; e os profesores da ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê Jorge Mira ±Êérez e Miguel González Blanco. Foto: Santi Alvite